"Este bar ten balances...
E tamén está listo
pra se facer á vela
.Encheron-nos o vaso
con toda a auga d'o Mar
pra compor un cock-tail de horizontes"
Manuel Antonio
E chegou o día no que de novo
o Bar atracado
convoca ás tripulaciones varadas
longo tempo en terra de ninguén
onde os abraços e as botellas
anhelaban mensaxes e cancións
que ata os náufragos non esquecen
subimos a bordo
e singraduras e derrotas
encheron de cancións
a ilustrada cuberta
desta goleta xustiña e formidábel
No hay comentarios:
Publicar un comentario
moitas grazas, saúde e conocemento